Inicio Carballo ao día Axenda A compañía Entremans convida aos...

A compañía Entremans convida aos nenos/as a coñecer o planeta con "Gaia"

Domingo 5 de maio do 2019 18:00 horas - Auditorio Pazo da Cultura Cultura

Desde unha óptica visual e imaxinativa, a compañía galega Entremans convida aos nenos e nenas a profundar nun tema de suma importancia: o noso planeta. Convídannos a un singular percorrido no que a pintura, a música, o audiovisual e a danza axúdannos a descubrir a intensidade, o poder e a beleza das características do noso planeta e dos seus tesouros naturais.      

Sinopse: O noso fogar, a Terra, todo está cambiando rapidamente... Debemos atopar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o noso planeta e o medio ambiente. Podemos debuxar xuntos, un mañá máis feliz e un mundo a toda cor.

Dirección, coreografía e interpretación: Kirenia C. Martínez e Estefanía Gómez/ Voz en off: Ramiro Neira e Estefanía Gómez/ Espazo sonoro: Carla López e Iago Mouriño/ Deseño de Iluminación: Equipo creativo RTA (Diego)/ Vestiario: Santos Salgado e compañía Entremans / Animación-vídeo: Ziwa/ Arte-Imaxe: Gosia Trebacz.    

Público: Familiar (a partir de 3 anos) 
Entrada: 4 € / 3 €
Duración: 50 minutos
Rede Galega de Teatros e Auditorios

XVII Primavera en Danza

Compartir:


- 2019 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D