Inicio Carballo ao día Axenda Os "Versos noctámbulos" de...

Os "Versos noctámbulos" de Ricardo Seixo visitan o Casino 1889 con Lumieira

Xoves 9 de maio do 2019 20:00 - Casino 1889 Participación veciñal

Da man da asociación cultural Lumieira, o autor Ricardo Seixo Fernández visistará Carballo para presentar a súa última obra "Versos Noctámbulos". Durante o acto, este mestre xubilado estará acompañado polo grupo Maraxe, do que el mesmo forma parte xunto con parte da súa familia, para deleitarnos cunha espectacular actuación de música tradicional.
 
Desde a súa xubilación, Ricardo Seixo destaca polo seu activismo social e o seu compromiso coa cultura formando parte da xunta directiva da asociación veciñal "Agra", desde onde dirixe e coordina numerosas actividades relacionadas coa música e a literatura galegas. Non vos perdades a oportunidade de coñecer máis sobre este autor e os seu novo poemario. A entrada será libre e de balde ata completar aforo.

Público: Todos os públicos
Entrada:
Libre e de balde ata completar aforo
Organiza:
A.C.Lumieira

Compartir:


- 2019 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D