Inicio Carballo ao día Axenda Masterclass de zumba con Playmakers

Masterclass de zumba con Playmakers

Sábado 15 de xuño do 2019 20:30 horas - Praza do Concello Cultura

Tras o éxito acadadoo ano pasado, este San Xoán volve á Praza do Concello unha nova edición da masterclass de zumba, organizada por Playmakers en colaboración co Concello de Carballo, para facernos suar a camiseta e desfrutar dunha divertida sesión de exercico e baile ao ritmo da música.

A actividade dará comezo ás 20:15 horas co pequebaile, unha exhibición protagonizada polos máis pequenos/as na que demostrarán as súas habilidades nesta divertida e tan movida disciplina. A continuación, todas as persoas que o desexen poderán probar sorte intentando seguir o ritmo que marcarán expertos profesores como Ivanna Mancebo Rama, Juana Garrochena Gonzalez, Ana Cerviño, Iván Andrade Tasende, Claudio Valverde, Kathy Garrochena Gonzalez, Isabel Camiño Mouzo e Saray Gomez Garrido. Anímaste?

Organiza: Playmarkers
Colabora: Concello de Carballo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D