Inicio Carballo ao día Axenda Proba sorte na campaña Que rule, que rule!...

Proba sorte na campaña Que rule, que rule! e gaña premios co CCA

Venres 7 de xuño do 2019 Horario de tarde - Xardín Municipal

47 comercios participan na campaña Que rule, que rule! que está a desenvolver o Centro Comercial Aberto de Carballo na última semana de maio e a primeira de xuño, e na que tamén colaboran 16 locales de hostalería, Xunta, Deputación e Concello.

A metodoloxía da actividade é o reparto de fichas por compras nos comercios participantes ó longo de cada unha das semanas. A semana pasada foron fichas laranxas e esta semana, azuis. O venres 7 de xuño o Xardín Municipal acollerá a ruleta que repartirá os premios e agasallos que aportan os comercios, hostalería e o propio CCA Carballo, e que son os seguintes:

  • 2 vales por valor de 300€ cada un en compras no CCA Carballo
  • 250 premios dos comercios participantes na campaña
  • 40 experiencias na hostalería colaboradora
  • 200 barquillos de xeado
  • 200 agasallos do CCA Carballo 
Ademais, a tarde do venres traerá ó Xardín Municipal a animación do grupo de Teatro Inventi, coa súa montaxe ‘A Tropa do Doutor Milagre’.

Participantes

Os comercios participantes na campaña son: A Fragua de Mo, A Fragua Kids, Adamela, Akira, Alesi, Alonso Moda, Alquileres Reneymar, Amai Store, Amar Moda, Atelier, Atmósfera Sport, Bambalina, Benetton, Calzados Susa, Cenor Carballo Compro Oro, Cristina Morgade, D&A Complementos, Deportes San Remo, DonClic, Dress, DV Carballo, Esprit Carballo, Federópticos Nicolás, Joyería Seoane, Maker Store by Allnet, Menta Miriñaque, mmmm! Xeados, Moda Suárez, Moncho Antelo, Multiópticas, Necos, O Barco dos soños, Pastelería San Luís, Peluqueía Beni, Perfumería Garrote, Poppy, Punto e coma, Retoños, Sastrería Miguel, Style, Sueño de Hadas, Todo Lar, Zapatería Esther, Zapatillería Isabel, Zocas. 

Os locais de hostalería colaboradores, ós que queremos agradecer a súa participación nesta campaña do CCA Carballo, e que de forma desinteresada aportan as experiencias que se repartirán na ruleta de xogo son: A Nova Ferradora Café Bar, Balneario Baños Vellos, Café Bar Fomento, Café Colon, Cafetería Baños Vellos, Cervecería Boa Estrela, Cervecería La Bombonera, Korner Bar, Mesón Do Pulpo, Panem Dulces y Café, Restaurante Brasería Carballo, Restaurante Pementa Rosa, Restaurante Río Sil, Restaurante Vinoteca A de Pako, Valle Inclán Café.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D