Inicio Carballo ao día Axenda Pasarrúas matinais e concerto da Banda...

Pasarrúas matinais e concerto da Banda Xuvenil do Conservatorio no día de San Xoán

Luns 24 de xuño do 2019 De 11:30 a 14:00 horas - Rúas de Carballo Cultura

A Banda Municipal de Gaitas e o Grupo de Gaiteiros Arume serán os encargados de arrincar os primeiros compases do día de San Xoán cun pasarrúas que dará comezo ás 11.30 horas. De seguido, será a quenda da Banda do Conservatorio Profesional de Música de Carballo, que dará paso á misa solemne na honra a San Xoán, cantada pola Coral de Bergantiños.

A continuación, dará comezo a tradicional procesión acompañada pola Banda Xuvenil do Conservatorio Municipal de Carballo, que ofrecerá un concerto ao aire libre na rúa Martín Herrera a partir das 14 horas.

Trátase dunha das actuacións máis agardadas polo público carballés e unha das citas con máis arraigo e expectación destas festas.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D