Inicio Carballo ao día Axenda Da banda deseñada ao Festifolk na Feira da...

Da banda deseñada ao Festifolk na Feira da creatividade de Carballo

Sábado 13 de xullo do 2019 Todo o día - Xardín Municipal Cultura

O sábado 13 a Feira da creatividade cultural de Carballo comezará cun obradoiro de banda deseñada para os máis pequenos/as da casa e rematará cunha nova edición do Festifolk Costa da Morte. E polo medio, mira todo o que temos preparado para ti no Xardín Municipal.  

  • 11.00h. Obradoiro infantil de iniciación á banda deseñada a través da súa metalinguaxe a cargo do ilustrador Manel Cráneo. Prazas limitadas!
  • 11.30h. Presentación de "Diario sen datas dunha aborixe galega", de Diana Varela Puñal.  Presentará o acto Fernando Cabeza Quiles. De seguido, haberá un concerto de presentación do libro-disco "Cores, contos e Rock’N’Roll", de Pakolas coa colaboración de Laura Romero.
  • 19.30h. Sinatura de libros de autores e autoras da zona como Alberto Varela Ferreiro, Xan Fraga, Isabel Villanueva, Miguel A. Alonso Diz e Laura Tova, Fernando Calvo Trincado e Xabier Maceiras.
  • 20.30h. Visita guiada polos murais do proxecto de recuperación urbana a través da arte, Derrubando Muros e Rexenera.
  • De 20.00 a 22:00h. Festifolk Costa da Morte. Concerto De Ninghures e desfile dos grupos de gaiteiros da Costa da Morte polas rúas de Carballo. Ao remate, interpretación conxunta do himno do Antigo Reino de Galicia na Praza do Concello e homenaxe aos gaiteiros de Treixadura.
  • 22.30h. Concerto de Treixadura.
Organiza: Concello de Carballo
Colaboran: La Voz de Galicia e Fundación Luis Calvo Sanz

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4