Inicio Carballo ao día Axenda Son de Seu en concerto

Son de Seu en concerto

Venres 23 de agosto do 2019 22:00 horas - Praza do Concello Cultura

Son de Seu é un referente na música tradicional por ser unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. Creada no ano 2001 por Rodrigo Romaní e Anxo Pintos, xunto a Xosé Liz, Alfonso Franco, Francisco J. Feijoo, "Chisco" e Xaquín Xesteira, abriu un camiño novo na reelaboración da música de tradición oral galega.

O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abranguen desde gaitas, percusión, buzuquis, zanfonas, violíns, contrabaixos, requintas e frautas de madeira ata canto, arpas e corda pulsada.

Ademais de facer un repaso pola súa discografía, a agrupación- integrada por 40 músicos- presentará na Praza do Concello o seu último traballo Beiralúa.

"Beiralúa é o espazo onde se atopan os exploradores dos roteiros da imaxinación. Nas marxes da lúa pódense intuír as peculiares (an)danzas destes seres, onde se mesturan as soidades do pensaento e as fuxidas da mente [...]"
(Marta Barreiro).

Público: Todos os públicos
Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2019 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
4
5
7
8