Inicio Carballo ao día Axenda "Creactivity" ou a creatividade...

"Creactivity" ou a creatividade infantil ao poder

Do luns 12 de agosto ata o mércores 14 de agosto do 2019 10.00 a 14.00 e 17.00 a 20.30 - Praza do Concello

Carballo acolle do 12 ao 14 deste mes a unidade móbil de “Creactivity”, un proxecto itinerante da Obra Social La Caixa que ten por obxecto fomentar o deseño e o desenvolvemento de solucións orixinais para problemas sinxelos. Os obradoiros desenvólvense no interior dun autobús adaptado e equipado con bancos, mesas de traballo e diversas probas dispostas para os/as participantes.

Creactivity” é un espazo deseñado para espertar o enxeño, a destreza e a creatividade da poboación escolar de 6 a 16 anos, é dicir, de primaria e secundaria. Un facilitador guía aos nenos e nenas a través dun proceso de creación ao que tamén están convidadas as persoas adultas que os/as acompañen. As sesións teñen unha duración estimada de 90 minutos. Os obradoiros desenvolveranse de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas, e o teléfono de información para as familias interesadas é o 900 101 493.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4