Inicio Carballo ao día Axenda Os mellores monólogos de Carlos Blanco no...

Os mellores monólogos de Carlos Blanco no Mercado Municipal

Domingo 29 de setembro do 2019 20:00 horas - Mercado Municipal Cultura

Que difícil podería resultar se tivésemos que escoller entre todos os monólogos de Carlos Blanco! Cal nos fai rir máis, cal resulta máis entrañable, cal máis pillabán…?? Pero o de Vilagarcía poñeránolo moi doado. O mítico actor fai unha revisión dalgunhas das súas pezas máis coñecidas, entre as que figuran As bravas da Arousa (Queres Kiwis?), As grandes frases das nosas avoas e avós, A dobraxe porno ou Galizara.

E como xa é un clásico nas súas intervencións, Carlos xogará con elementos de actualidade, improvisando, adaptando e facendo jazz coa palabra para que o público se deixe levar pola risa. 30 anos de traxectoria resumidos, barallados e servidos para gozar de risas garantidas.

Público: A partir de 13 anos
Entrada: 10€
Duración: 70'
Organiza: AC Telón e Aparte
Colabora: Concello de Carballo

Programación FIOT28 (Rúa dos Contos)

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4