Inicio O Concello Axenda institucional Presentación en rolda de prensa do V...

Presentación en rolda de prensa do V Autocross Carballo

Xoves 26 de maio do 2016 Casa do Concello - 13.00h

V Autocross Carballo

A Casa do Concello acolle a partir das 13.00 horas a presentación en rolda de prensa do V Autocross Carballo que terá lugar o sábado 28 de maio no Circuíto de Motor de Bértoa. Está prevista a presenza na cita do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; e de representantes de Maís Motor, escudaría organizadora da cita coa colaboración do Concello.

Compartir: