Inicio Carballo ao día Axenda O Teatro de Rúa despídese cunha...

O Teatro de Rúa despídese cunha obra divertida e emotiva sobre o amor e a amizade

Sábado 12 de outubro do 2019 19:30 horas - Praza do Concello Cultura

Un pacto, un código secreto, unha cápsula do tempo, unha promesa… DistanS fala de amizade, de recordos vivos no corazón, da fraxilidade e do amor capaz de reconstruír as relacións.

A compañía Vol’e temps percorreu múltiples países e os mellores festivais de Europa, e, con esta peza, unha obra emocionante, divertida e única, obtivo o recoñecemento como Mellor espectáculo de noite en FETÉN 2019.

En caso de choiva, o espectáculo trasladarase ao Mercado Municipal (2º andar)

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Duración: 50' 
Organiza: AC Telón e Aparte e Concello de Carballo 

FIOT28 ( Teatro de Rúa)

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D