Inicio Carballo ao día Axenda Filme e faladoiro cunha activista carballesa nas...

Filme e faladoiro cunha activista carballesa nas "Tardes no Espazo" de Senda Nova

Do xoves 7 de novembro ata o venres 8 de novembro do 2019 19:00 horas - Espazo da Natureza de Oza Participación veciñal

Dentro do programa "Tardes no Espazo", a asociación ambiental Senda Nova desenvolverá ao longo do mes de novembro un amplo programa de actividades que mesturará coas rutas interpretativas do 8º Outono en Marcha. Trátase de proxectos vertebrados a prol da dinamización do noso rural a través do Espazo da Natureza de Oza con filmes e faladoiros abertos á participación de toda a veciñanza. Estas son as citas desta semana. Non volas perdades!

Xoves de filme (7 nov, 19h). 

Ao igual que en anteriores edicións, esta actividade está dirixida a visibilizar traballos audiovisuais de problemáticas ambientais de diferentes lugares así como filmes relacionados co patrimonio ambiental local e galego. A primeira sesión do ciclo, denominada "Chaves, la memoria expoliada", terá como protagonistas catro propostas moi diferentes e de zonas moi diferenciadas, dirixidas por Daniel Orte e Mª José Urraca, e producido por Ecologistas en Acción.

Sinopse: A pesares de que a cova de Chaves tiña revelado información decisiva no estudio da prehistoria, a evolución do xacemento cambia por completo a partires do ano 1974 cando se venden os terreos para fins cinexéticos o que desemboca en danos ambientais e na posterior destrución do xacemento.

Encontro con activistas (Venres 8, 19:00h)

As tardes dos venres estará dedicada ao encontro con diferentes activistas para difundir e dar a coñecer o traballo de persoas individuais na labor activista dende diferentes ámbitos. Os faladoiros xirarán arredor do labor organizativo grupal en cada unha das diferentes iniciativas que desenvolven estas persoas por todo o mundo. Desde Carballo a Honduras, pasando por diferentes lugares da xeografía galega coñeceremos a dinamización de cada acción, que move a ter esas conductas, os atrancos de cada proxectos e/ou as posibles melloras para levalos a cabo. 

A encargada de inaugurar este mes os faladoiros será a voluntaria carballesa Lorena Marrozos, activista en diferentes ONGs (Miradas al Mundo, JUTT Helping People, Aire, etc.), que na actualidade está a participar en diversos proxectos nos Balcáns, Guinea-Bissau e outros países en desenvolvemento, axudando ás persoas refuxiadas e con poucos recursos. Ademáis do traballo en campo, directamente coas comunidades dos países nos que coopera, Lorena impulsa iniciativas humanitarias locais de recollida de materiais de primeira necesidade para o seu posterior envío a estas comunidades.

Organiza: Asociación ambiental Senda Nova e Espazo da Natureza de Oza
Colabora: Ingeniería Sen Fronteiras e Monte Neme

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4