Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiro musical infantil con Pablo Díaz...

Obradoiro musical infantil con Pablo Díaz e Olga Kirk

Venres 15 de novembro do 2019 18:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Pablo Díaz Carro e Olga Kirk protagonizarán o obradoiro musical "Cantamúsica", para nenas/os de 3 a 8 anos. Trátase dun concerto-obradoiro de contos, música e xogos, que mesturará á perfección cancións infantís, xogos bailables e ritmos básicos da nosa cultura musical. Para elo, durante o espectáculo empregarán unha variada instrumentación tradicional que rematará cun enfoque máis moderno coa interpretación en directo de cancións dos libros-disco de Pablo "Tic Tac, Toc Toc", "Xente Miúda Moita Fartura" e "Tic Tac Toc".

Se queres asistir, non esquezas recoller o teu convite a partir das 16:00 horas na Biblioteca Rego da Balsa. Agardámoste!!

Público: Nenas e nenos de 3 a 8 anos.
Entrada: Libre e de balde con recollida previa de convite. (Max. 1 acompañante por neno/a).
Organiza: Concello de Carballo
Colabora: Deputación da Coruña

Programación Novembro con Música

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4