Inicio Carballo ao día Axenda 25º aniversario da Asociación de...

25º aniversario da Asociación de Irmanamento con LIsle Jourdain

Sábado 16 de novembro do 2019 14.00 horas - Mesón do Pulpo Participación veciñal

A Asociación de Irmanamento de Carballo con L’Isle Jourdain celebra cada ano por estas datas o seu aniversario e este ano con máis motivo aínda, xa que se cumpren 25 anos de irmandade. Nesta ocasión, a xuntanza será ao mediodía: un xantar no que se reúnen persoas que adoitan participar –ou participaron nalgún momento das súas vidas- nas actividades da asociación, nas viaxes de intercambio, ou que simplemente simpatizan co labor da irmandade.

A celebración será o sábado, 16 de novembro, ás 14.00 horas, no restaurante Mesón do Pulpo. Este ano haberá, ademais do menú para persoas adultas (cun prezo de 25€, o habitual destes últimos anos), un menú infantil por 16€. Coma sempre, ao remate da cea, celebrarase un sorteo de produtos franceses, tamén un sorteo especial para as nenas e nenos asistentes e un gran sorteo sorpresa para familias.

Nesta ocasión, para celebrar o cuarto de século da asociación, a sobremesa estará amenizada coa música en vivo do grupo carballés Versión Imposible. Unha formación na que se une xuventude e experiencia para ofrecer un repertorio centrado na música dos 80s con sons moi frescos que seguro non van deixar a ninguén sen bailar.

Para participar no xantar é preciso reservar. O prazo está aberto ata o mércores 13. Pódese facer a reserva e mercar os tíckets para o evento contactando a través do número de teléfono 634 644 402 ou por correo electrónico: info@carballo-lisle.org.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4