Inicio Carballo ao día Axenda A 2ª edición de "Ecos do...

A 2ª edición de "Ecos do Nemio" achegaranos esta fin de semana ao Monte Neme

Do venres 15 de novembro ata o domingo 17 de novembro do 2019 Mañá e tarde - Monte Neme/Espazo da Natureza Oza Participación veciñal

Esta fin de semana a asociación ambiental Senda Nova e a Plataforma Monte Neme desenvolverán un feixe de actividades, abertas á participación da veciñanza e enmarcadas no 2º "Ecos do Nemio", para poñer en valor e dar a coñecer o rico e extenso patrimonio do Monte Neme a través do coñecemento doutras realidades e das voces dos recordos que perduran no fondo da memoria como os "Ecos do Nemio".

O programa arrincará este venres 15, ás 17.00 horas co xa habitual encontro con activistas, que nesta ocasión contará con dúas voluntarias (Lucía e Doris) como protagonistas. Con elas realizarase unha subida ao Monte Neme e un faladoiro, previsto para as 19.00 horas.

Xa o sábado pola mañá (ás 11.00h) os e as que tomarán a palabra serán os nosos maiores. Será durante a conversa que terá lugar no Espazo da Natureza de Oza para coñecer máis de preto a historia do "cromlech" da Eira das Meigas e achegarnos á etapa das explotacións de wolframio. 

O broche á fin de semana porao a asociación ambiental Senda Nova coa realización da derradeira andaina da temporada, incluida na programa "Outono en marcha", denominada "As pegadas do volframio". Trátase dun roteiro de dificultade baixa que transcorrerá polo Monte Neme e permitirá a todos os asistentes descubrir a historia que envolve ese mítico lugar e desfrutar dunha das vistas máis ferosas e incribles do noso concello. Non volo perdades!

Organizan: Asociación ambiental Senda Nova e Plataforma Monte Neme

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D