Inicio Carballo ao día Axenda Paco Gállego e Xosé Bocixa abordan...

Paco Gállego e Xosé Bocixa abordan no Galidoc o impacto do ser humano sobre a paisaxe

Sábado 23 de novembro do 2019 19:00 horas - Casino 1889 Participación veciñal

Dende o pasado día 2 e ata o 7 de decembro, unha das salas do Casino 1889 de Carballo transformarase nunha gran pantalla para acoller a primeira edición do ciclo de documentais galegos GALIDOC, organizado pola entidade carballesa. Durante algo máis dun mes, catro documentais de contido heteroxéneo convidarán á reflexión e a denuncia urbanística e amosarán a biografía dun mito da música galega ou o cine experimental para achegar ao espectador/a novas realidades e espazos para o pensamento crítico. Ademais, en cada proxección contarase coa presenza do director/a do film, que se encargará da súa presentación e posterior debate.

Este sábado, será a quenda do documental "Estruturas: pel contra pel", un traballo dirixido por Paco Gállego e Xosé Bocixa, producido por Tingalaranga Audiovisual, no que se pretende amosar as consecuencias na paisaxe da explotación forestal, a actuación humana ante o crecemento poboacional ou o abandono do patrimonio. Tamén se recolle o impacto de construcións inacabadas ou de infraestruturas como os tendidos eléctricos, as obras institucionais ou as actuacións derivadas da especulación como reflexo do impacto do ser humano sobre a contorna.

Organiza: Casino 1889

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4