Inicio Carballo ao día Axenda David Kaplun ofrecerá un faladoiro sobre...

David Kaplun ofrecerá un faladoiro sobre "Novas masculinidades"

Xoves 28 de novembro do 2019 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Este ano, a Concellería de Igualdade e Benestar e o Centro de Información á Muller elaborou un amplo programa de actividades arredor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e Nenas, que se celebra o 25 de novembro, centrado nas masculinidades. E, precisamente, para profundizar nesta temática contaremos con todo un experto na materia, David Kaplun, da Asociación de homes pola igualdade – AHIGE, a quen poderemos ver e escoitar no faladoiro sobre Novas masculinidades que se celebrará este xoves na Biblioteca Rego da Balsa.

Kaplun tamén participará os días 28 e 29 nunha actividade formativa para estudantes que, seguro, resultará do máis proveitosa e interesante.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organizan: Concellería de Igualdade e Benestar e Centro de Información á Muller (CIM)

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D