Inicio O Concello Axenda institucional Acendido do alumeado de Nadal

Acendido do alumeado de Nadal

Xoves 5 de decembro do 2019 18.30 horas - Praza do Concello

Como xa vén sendo costume nos últimos anos, o 5 de decembro procederase ao acendido do alumeado de Nadal no Concello de Carballo. Ás 18.30 horas accionarase a iluminación cun acto simbólico que se levará a cabo na Praza do Concello e no que participarán varios concelleiros e concelleiras xunto cos veciños e veciñas que queiran sumarse.

Este ano, ademais dos arcos e outros elementos luminosos, a decoración de Nadal en Carballo inclúe varios conxuntos decorativos de gran tamaño instalados en distintas rúas.

Compartir: