Inicio O Concello Axenda institucional Sorteo dos vales desconto do Mercado Municipal...

Sorteo dos vales desconto do Mercado Municipal dentro da campaña Quere o teu mercado

Sábado 28 de maio do 2016 Mercado Municipal - 13.00 h.

Mercado Municipal

Sorteo no Mercado Municipal dos vales desconto da campaña "Quere o teu mercado" no que se escollerán os boletos premiados así como os postos do Mercado nos que disfrutar dos vales.

A través desta campaña, as persoas que compraron na praza de abastos entre o luns 23 e o sábado 28 de maio recibiron un boleto por cada 5 € de compra para participar no sorteo de 11 vales desconto por valor de 1 vale de 250 €, 5 vales de 100 € cada un e 5 vales por valor de 50 € cada un, ata un total de 1.000 euros.

Compartir: