Inicio Carballo ao día Axenda Amal en Ruta chega ao seu ecuador con...

Amal en Ruta chega ao seu ecuador con "Mafak", a historia dun ex-presidiario palestino

Xoves 23 de xaneiro do 2020 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Despois de 15 anos de prisión Ziad non recoñece o mundo que o rodea. A tecnoloxía cambiou, a sociedade non é a que era e empeza a comprender que os seus problemas non son só sociais, senón tamén psicolóxicos. Ziad sente que a súa única escapatoria pasa por volver ao momento no que se atopaba 15 anos atrás, con todo o que iso implica.
 
O director: Bassam Jarbawi traballou como fotógrafo durante a segunda Intifada palestina e trasladouse aos Estados Unidos para acabar os seus estudos de comunicación e cinema. Alí produciu varias curtas e documentais entre elas ‘Ghost Hunting’, gañadora do mellor documental na Berlinale 2017. "Mafak" é a súa primeira longametraxe.

Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Duración: 108'
Ano: 2018 (Palestina, USA, Catar) 
Organizan: Concello de Carballo e Fundación Araguaney-Puente de Culturas

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D