Inicio Carballo ao día Axenda O Casino acolle a estrea da longametraxe...

O Casino acolle a estrea da longametraxe documental "Macorinas"

Sábado 29 de febreiro do 2020 20.00 horas - Casino 1889 Participación veciñal

Os directores Fran Naveira e Xosé Lois Santiago presentarán este sábado en Carballo e en primicia a súa longametraxe documental "Macorinas", a historia non contada da emigración feminina galega en Cuba. E o lugar elixido para facelo será o Casino 1889. Tras a proxección haberá unha charla-coloquio cos creadores do film nu acto aberto á participación de toda a veciñanza.

Macorinas é a historia sesgada dunha xeración de mulleres buscadas, emigradas, feridas, soñadas e nalgúns casos retornadas. Historia esquecida por todos e abandonada por todas, unha historia apagada. Macorinas non é só unha historia de prostitución. Gravado en Cuba, este documental trata dun xeito delicado unha problemática universal.

Os directores

Fran Naveira
traballa na produción e na produción executiva dende 2009 en Mr. Misto Films, tras unha dilatada e prolixia traxectoria como técnico de audivisuais. Conta cunha ampla experiencia en diversos medios e produtoras como realizador, montador de video e posprodución.

Xosé Lois Santiago “Pello” compatibiliza a suá vocación de investigador coa docencia no ámbito audiovisual. Formado no campo da comunicación, especializouse en medios audiovisuais e operador de cámara. Tras asistir a un curso de documentais na Escola de Cine e Televisión en Cuba en 1999, a súa carreira de documentalista pega un xiro chegando a traballar con Discovery Chanel.

Público: Adulto
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Casino 1889

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4