Inicio Carballo ao día Axenda O fotógrafo Vari Caramés visita...

O fotógrafo Vari Caramés visita Carballo dentro do ciclo "a través da lente"

Mércores 4 de marzo do 2020 20.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Dentro do ciclo "A través da lente", este mércores 4 visítanos no Pazo da Cultura o fotógrafo de recoñecido prestixio internacional Vari Caramés para falarnos dun dos seus últimos traballos, "A fotografía, ventá ao insólito", unha selección de imaxes dos seus propios fondos e das coleccións de arte de Afundación e ABANCA.

A mostra recolle algúns dos temas recurrentes na súa obra, como a infancia, a auga, a suxestión ou as visións esvaecidas coas que o artista ferrolano rende homenaxe ao escritor arxentino Julio Cortázar.
Non vola perdades!

"Territorio Acoutado". Visita guiada

E, ás 19.00 horas, o fotógrafo Carlos Lorenzo e a poetisa Olga Patiño farannos unha visita guiada pola súa exposición "Territorio acoutado". Esta mostra pode visitarse todos os días da semana, de 17 a 21 horas, no andar -1 do Pazo da Cultura, ata o 22 deste mes.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D