Inicio Carballo ao día Axenda Berocasión transfórmase nunha fin...

Berocasión transfórmase nunha fin de semana de portas abertas como medida de prevención fronte á COVID-19

Do venres 28 de agosto ata o domingo 30 de agosto do 2020 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas - Concesionarios

Exposición promocional na zona do Rego da Balsa

Exposición promocional na zona do Rego da Balsa

Berocasión cambia o seu formato nesta edición 2020 para adaptarse á situación sanitaria que estamos a vivir. Como medida de prevención fronte á COVID-19, a feira transfórmase nunha fin de semana de portas abertas nos 11 establecementos participantes. Así se acordou nunha xuntanza entre as marcas, Axober e o Concello de Carballo, que estivo representado polo concelleiro de Seguridade, Juan Seoane.

Como consecuencia do novo formato tamén houbo cambios entre os participantes, aínda que seguen a ser 11: Automóviles Dimolk-Peugeot, Baleato Motor-Renault, Rebalcars, Antamotor-Nissan, Corgal Automóviles-Kia, Vilas Rama-Citröen, V-Car Hyundai, Automóviles Juan Lema, Bercauto, Breogán Motor-Toyota e JGCar.

Nas súas exposicións atoparemos vehículos de Km.0, seminovos, industriais, mixtos, de ocasión, nacionais, de importación... En definitiva, unha ampla selección de todo o que ofrece o mercado da automoción nestes momentos, con importantes descontos e con condicións especiais de financiación. Todas as vantaxes de Berocasión, pero nos propios locais dos 11 participantes, que estarán abertos dende o venres 28 ata o domingo 30 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D