Inicio Carballo ao día Axenda O FIOT Fónico ofrece catro funcións...

O FIOT Fónico ofrece catro funcións de "A lúa, válvula de spray"

Do venres 16 de outubro ata o domingo 18 de outubro do 2020 Saída do Fórum Carballo Cultura

As rúas de Carballo convértense no escenario do FIOT Fónico, o novo proxecto do Festival Internacional Outono de Teatro, no que experimentamos con novas linguaxes teatrais e procuramos introducir á cidade no teatro a través das novas tecnoloxías.

Imaxinas percorrer Carballo á vez que gozas dunha obra de teatro agochada no teu peto?

Presentámosche a función sonora A lúa, válvula de spray, unha dramaturxia de Rosalía Fernández Rial. Dirixido por Quico Cadaval, trátase dun espectáculo itinerante no que oito murais de Carballo son os escenarios dunha obra realizada como podcast, unha publicación dixital en audio que podes escoitar desde o teu móbil a través da aplicación Carballo a un paso.

A OBRA

"A lúa, válvula de spray" é unha ficción sonora na que a escenografía é unha selección da arte urbana que se atopa en Carballo. O FIOT implícase na experimentación escénica cunha iniciativa propia, realizada en coprodución co LIDISS (Laboratorio de Investigación en Innovación Social e Cultural Sostible), que conxuga as artes escénicas co espazo urbano e que explora novos formatos e as posibilidades que ofrecen as ferramentas tecnolóxicas, á vez que procura sinerxías con outras iniciativas socioculturais que teñen lugar en Carballo.

FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA

Produción: FIOT Carballo (A. C. Telón e Aparte) e LIDISS.
Dirección formato e coordinación: Alejandro Pan.
Programación da app Carballo a un paso: ITG Instituto Tecnolóxico de Galicia.
Autora: Rosalía Fernández Rial.
Dirección teatral: Quico Cadaval.
Espazo sonoro: Marcos PTT Carballido.
Técnico de estudio e montaxe: Iván Mera.
Intérpretes: Melania Cruz, Santi Romay e Maria Roja, coas voces de Marcos PTT Carballido e Rosalía Fernández Rial.
Duración: 60 minutos
Público: recomendada a partir de 13 anos

FUNCIÓNS

Venres 16, ás 19.00 horas.
Sábado 17, ás 19.00 horas.
Domingo 18, ás 13.00 e 19.00 horas.

Entrada gratuíta con reserva previa enviando unha mensaxe de Whatsapp ao número 604 008 235.
Punto de encontro: Fórum Carballo

Descargas

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D