Inicio Carballo ao día Axenda Exposición colectiva de artistas locais...

Exposición colectiva de artistas locais "Pandemia. Novos retos"

Do mércores 7 de outubro ata o sábado 7 de novembro do 2020 Pazo da Cultura - Sala de exposicións 3º andar Cultura

Do 7 de outubro ao 7 de novembro está aberta na sala de exposicións do 3º andar do Pazo da Cultura "Pandemia. Novos retos", unha mostra colectiva de artistas vinculados a Carballo na que amosan a súa visión sobre o momento que estamos a vivir nesta época de crise sociosanitaria debida á COVID-19 e a necesidade da cultura para superala.

Os dezasete artistas vinculados a Carballo que compoñen esta mostra de artes plásticas son Antón Díaz, Cristina Castro, Esther Chamoso, Isa Fernández, Isabel Soutullo, Josecho González, Laura Tova, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O’Mighelo, Otilio Fernández, Pedro Tasende, Peter Kramer, Raúl G. Herrera e Santi Picos.

A exposición pode visitarse de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas, pedindo cita previa no 981704300

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D