Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiro sobre "Como emitir en streaming...

Obradoiro sobre "Como emitir en streaming sen morrer no intento"

Do mércores 18 de novembro ata o xoves 19 de novembro do 2020 Online Cultura

O Carballo Interplay adaptou o seu programa formativo á situación actual e na semana do festival ofrecerá un obradoiro sobre Como emitir en streaming sen morrer no intento, impartido por Jorge Boquete. O curso, de 12h horas de duración, custa 25€ e poden asistir un máximo de 12 persoas, que aprenderán as claves para emitir contidos audiovisuais por streaming de xeito semiprofesional.  As persoas interesadas poden consultar o programa completo e os requisitos técnicos na web do Carballo Interplay, onde tamén poderán formalizar a inscrición.

  • Coñeceremos o funcionamento desta tecnoloxía e a importancia de configurar un hardware adaptado as necesidades técnicas. 
  • Amosaremos os diferentes softwares para realizar este tipo de emisións e as diferentes posibilidades que nos da cada un deles. 
  • Nocións básicas de realización televisiva. Salientaremos a importancia dunha boa realización en este tipo de emisións como factor diferencial con exemplos dos programas realizados durante o confinamento nas diferentes televisións do mundo. 
  • Tipo de contidos: cómo facer da túa emisión por streaming un contido entretido para o público. A importancia dunha escaleta estructurada. 
  • A importancia do grafismo para un look profesional. Deseño, creación e animación de rótulos. 
  • O período de preproducción: unha fase fundamental para non atoparse con sustos de última hora. Que hai que ter en conta para facer probas e ensaios que sexan útiles. 
Ademáis levaremos a cabo un caso práctico no que os participantes creen un formato de entretemento con invitados e colaboradores non presenciais para emitir por streaming nas últimas sesión do obradoiro. 

Os asistentes precisarán dun ordenador cos seguintes requisitos para poder executar o software necesario para o obradoiro:

  • Sistema operativo Windows (7 o superior, recomendado Windows 10)
  • Procesador de doble núcleo a 2ghz (mínimo) – recomendado: i7 a 3ghz
  • 4gb de RAM (mínimo) -recomendado 8gb DDR3
  • Disco HDD a 7200rpm con 100gb libres (mínimo) – recomendado SSD con 500gb libres
  • Tarjeta gráfica compatible con DirectX 10, recomendado Tarjeta nvidia dedicada con al menos 1gb de memoria 
  • Resolución de pantalla mínima: 1280×720

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D