Inicio Carballo ao día Axenda Isabel Risco estrea en Carballo o...

Isabel Risco estrea en Carballo o espectáculo "Bravas. Historias das nosas mulleres"

Mércores 25 de novembro do 2020 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Con motivo do día da eliminación da violencia contra as mulleres, realizarase a estrea do espectáculo Bravas: Historias das nosas mulleres da man da actriz Isabel Risco.

Bravas é un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII de mulleres sen medo, rebeldes e xustas que ese enfrontaron ao poder establecido. Esta artista proponnos un xogo a través dunha viaxe no tempo de teatro cómico e comprometido, cheo de ledicia e combativo, para reivindicar o humor das mulleres, que ofrece unha perspectiva única e plural tan necesaria da realidade.

Este espectáculo conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Entrada libre e gratuíta, con previa reserva de entrada no email culturaentradas@carballo.gal, enviando nome, apelidos e número de teléfono.   Reserva de 2 entradas por persoa como máximo.
Debido ás restricións sanitarias, poñeranse a disposición do público 30 entradas.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D