Inicio Carballo ao día Axenda Entramos Pisando Ovos na "Primavera enDanza...

Entramos Pisando Ovos na "Primavera enDanza en Outono"

Venres 27 de novembro do 2020 20.30 horas - Pazo da Cultura, YouTube e Facebook Cultura

Baixo a dirección da creadora e bailarina, Rut Balbís, Directo 9 é a nova proposta da compañía galega Pisando Ovos dirixida a novas linguaxes escénicas, con creación contemporánea, onde os concertos forman parte da sociedade actual, e invita a todos os asistentes a vibrar conxuntamente. Os corpos son propios de atletas, levados a límites físicos, ao desgaste e ao cansanzo extremo, grazas á música dun dj que, unha vez, superado o clímax, descúbrenos a parte máis íntima e persoal dos corpos vacíos, agora máis fráxiles, máis transparentes.

Creación e dirección: Rut Balbís
Interpretación: Fran Martínez, Jas Processor, Cris Romero e Laura Villanueva
Deseño de iluminación: Afonso Castro
Música e son: Jas Processor

  • Duración: 95 min
  • Público recomendado: maiores de 14 anos
  • Entradas: 4 € / 3 € 
  • Venda de entradas o mesmo día da función na billeteira do Pazo da Cultura desde 60 minutos antes do inicio da actuación. A venda realizarase por orde de chegada e só poderán adquirirse dúas entradas por persoa. Debido ás restricións sanitarias poñeranse a disposición do público 30 entradas de cada espectáculo.
  • Retransmisión gratuíta en streaming nas seguintes redes sociais: YouTube do Concello de Carballo, Facebook de Cultura Carballo e Facebook de Concello de Carballo.

Vídeos

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4