"Imos inventando contos", primeira función dos Ratos de Lonxedetodo do 2021
Mércores 3 de febreiro do 2021 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming Cultura

A sesión de contos que acolle a Biblioteca Rego da Balsa é un eloxio da imaxinación. Usándoa e aplicando un sinxelo método que as ratiñas Carolina e Faifá nos explicarán, podemos crear contos. E sen utilizar método ningún, tamén!
O espectáculo dános a coñecer a dous referentes na literatura infantil do século XX: Rodari e Ionesco. Podes velo en directo reservando previamente no teléfono 981758580 (dende o mércores anterior) ou a través das seguintes redes sociais: YouTube de Bibliotecas de Carballo e Concello de Carballo e Facebook de Bibliotecas de Carballo e Cultura Carballo.
"Imos inventando contos" é unha montaxe para nenos e nenas de 5, 6 e 7 anos, que poden asistir acompañados por unha persoa adulta.