Inicio Carballo ao día Axenda Avelino González presenta "Sereas,...

Avelino González presenta "Sereas, dragóns e pistas de baile"

Venres 12 de marzo do 2021 20.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

O amor...xa se sabe, ás veces tenro, tantas veces ridículo e, visto dende fóra, sempre divertido. As historias que se contan son tradicionais e contemporáneas, con música de baile, con sereas e algún outro animal, mouras que queren que un rapaz as desencante e dragóns que raptan mozas. O polifacético actor Avelino González sorpréndenos con este novidoso espectáculo de narración oral, teatro, audiovisuais e humor que mestura o vello co novo para falar do amor.

Público adulto.
Entradas á venda a partir do luns 8 de marzo en www.ataquilla.com
Prezo: 3€ / 2€ máis gastos de xestión

Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D