Inicio Carballo ao día Axenda "Contos para andar o camiño" cos...

"Contos para andar o camiño" cos Ratos de Lonxedetodo

Mércores 14 de abril do 2021 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming Cultura

O rato Pillo e a ratiña Carolina, xunto aos outros ratos, teñen planeado facer o Camiño de Santiago. O problema aparece cando Pillo se decata de que o Camiño se fai andando. Carolina vai tratar de convencelo e para iso axudarase de tres contos. Queres saber cales son? Achégate á Biblioteca Rego da Balsa ou sigue as retransmisións en streaming a través de Facebook e YouTube.

Reserva a túa entrada a partir do mércores 7 de abril chamando ao 981 758 580.

Normas do espectáculo

  • As actividades terán lugar no auditorio da biblioteca.
  • Poderán asistir nenos e nenas de 5, 6 e 7 anos acompañad@s dunha persoa adulta.
  • Todas as persoas asistentes levarán máscara. Haberá xel hidroalcohólico na entrada e na saída.
  • Deberedes presentarvos na porta de entrada principal da biblioteca 15 minutos antes do comezo da actividade e agardar en ringleira respectando a distancia de seguridade de 1,5 m. coas outras persoas. O persoal bibliotecario acompañará a cada espectador/-a por orde ata o seu asento.
  • Unha vez entredes no auditorio teredes que permanecer no voso asento asignado, e non poderedes volver a saír ata o final da actuación, xa que se perdería o dereito a volver a entrar.
  • A saída final realizarase pola porta de emerxencia do auditorio.
  • Máximo un adulto por grupo de nen@s conviventes. Non se poderán crear grupos de nen@s non conviventes.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D