Inicio Carballo ao día Axenda "Historias para derreter cera", con...

"Historias para derreter cera", con Alba Grande

Venres 24 de setembro do 2021 17.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa e streaming Cultura

Unha xograresa chega co seu pandeiro coma unha ilusionista de verbas e cántigas, para contar historias de lumes pequenos e grandes, de fragas e paxaros, de serpes e mulleres nunha fermosa alegación sobre o coidado do medio ambiente, o respecto pola natureza e a convivencia.

A actriz e narradora ourensá Alba Grande visita a Rúa dos Contos co seu primeiro espectáculo de narración oral, que inclúe música, cancións e monicreques creados con obxectos. Unha fermosa proposta, recomendable para todos os públicos, que agocha en tres magníficos contos unha mensaxe de responsabilidade social que cómpre ter en conta. Non o perdades!

Duración: 45 minutos
Reservas: por teléfono, no 981758580
A función retransmitirase por streaming (Facebook e Youtube da biblioteca, Cultura Carballo e Concello de Carballo).

Espectáculo incluído na programación do FIOT 
Organiza: Concellaría de Cultura
Patrocina: Programa Ler Conta Moito (Xunta de Galicia)

Compartir:


- 2021 +
- Outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
8
10
12
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
30
31