Inicio Carballo ao día Axenda Andaina con Senda Nova pola Ruta dos...

Andaina con Senda Nova pola Ruta dos Muíños do Pan

Xoves 23 de setembro do 2021 17.30 horas - Saída da Ponte de Bértoa

Para pechar a Semana da Mobilidade repetimos actividade e entidade colaboradora na Andaina con Senda Nova, que nos levará polo treito máis descoñecido da Ruta dos Muíños do Pan, dende A Ponte de Bértoa, onde se realizará a saída ás 17.30 horas, ata o Muíño da Cheda. O obxectivo é reivindicar os espazos non humanizados de valor ecolóxico e histórico, coma as beiras dos ríos ou antigas corredoiras, como referentes ambientais a protexer.

As persoas que queiran participar deben inscribirse no enderezo electrónico sendanova@hotmail.com.

Compartir:


- 2022 +
- Agosto +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
9
11
14
15
16
18
21
22
23
27
28
29
30
31