Inicio O Concello Axenda institucional Recepción oficial á embaixadora de...

Recepción oficial á embaixadora de Uruguai, Ana Teresa Ayala

Luns 22 de novembro do 2021 19.30 horas - Alcaldía

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ofrecerá o luns 22 de novembro unha recepción oficial á embaixadora de Uruguai en España, Ana Teresa Ayala Barrios, que ostenta o cargo dende hai pouco máis dun ano, despois de ocupar diferentes postos de responsabilidade no Ministerio de Relacións Exteriores do seu país, entre outros. 

Despois da recepción oficial na Alcaldía, Ana Teresa Ayala Barrios manterá un encontro no Pazo da Cultura coa comunidade uruguaia en Carballo.

Compartir: