Inicio O Concello Axenda institucional Recepción do alcalde de Carballo ao...

Recepción do alcalde de Carballo ao compositor musical Sergio Moure de Oteyza

Xoves 16 de decembro do 2021 18.30 horas - Alcaldía

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ofrece unha recepción ao compositor musical Sergio Moure de Oteyza, que pasou a súa infancia no noso concello, ao que continúa estreitamente ligado.

O acto terá lugar na Alcaldía, antes da presentación do libro autobiográfico que vén de publicar o autor de bandas sonoras de películas coma "Cargo" ou da miniserie "¿Dónde está Marta?", que vén de estrearse en Netflix. 

A presentación do libro terá lugar ás 19.30 horas na Biblioteca Rego da Balsa, con entrada libre ata completar aforo.

Compartir: