Inicio O Concello Axenda institucional Evencio Ferrero participa nunha xuntanza sobre a...

Evencio Ferrero participa nunha xuntanza sobre a COVID-19 para concellos de máis de 20.000 habitantes

Mércores 22 de decembro do 2021 10.45 horas - Delegación do Goberno

Debido ao incremento de contaxios e a incidencia da coronavirus, e polo tanto da necesidade de extremar e reforzar as medidas de protección e cautela, desde a Subdelegación do Goberno convocaron para o mércores 22 de decembro un acto para incidir da importancia de seguir adoptando ditas medidas, como é o uso das máscaras e o mantemento das distancias de seguridade.

No acto estarán presentes a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e representantes da Deputación da Coruña e dos 11 concellos cunha poboación superior aos 20.000 habitantes. O Concello de Carballo estará representado polo alcalde, Evencio Ferrero.

Compartir: