Inicio Carballo ao día Axenda "Tilintilonia", un espectáculo...

"Tilintilonia", un espectáculo para bebés de 0 a 3 anos

Mércores 1 de xuño do 2022 18.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

"Tilintilonia" é un espectáculo para nenos pequenos que pretende estimular os sentidos mediante a viaxe a través das sensacións e as emocións. Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por dúas mulleres, (Tilín e Tilón, cada unha co seu son). Descobren un mundo cheo de texturas, cores, sons e seres fantásticos que veñen coa música e onde o vento e a auga convértense nos obxectos do xogo.

Achégate con Tilintilonia a un mundo máxico que che axudará a descubrir novos sons e melodías, novas texturas que farán soñar aos pequenos da casa.

INSCRICIÓN:
Para nenos/as de 6 meses a 3 anos cun acompañante adulto.
Inscrición telefónica no 981758580

NORMAS DE ACCESO:
Deberanse seguir as indicacións do persoal bibliotecario á hora de ocupar os asentos.
Rogamos puntualidade. A biblioteca resérvase o dereito de admisión a persoas que cheguen unha vez comezados os eventos.

Esta actividade está incluída na programación de animación á lectura Ler Conta Moito

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4