Inicio Carballo ao día Axenda Carballo, escenario da Copa de España...

Carballo, escenario da Copa de España Ultramaratón

Sábado 18 de xuño do 2022 Saída ás 08.30 horas Deporte

A segunda proba da Copa de España de Ultramaratón, organizada polo Club Ciclista Monteneme coa colaboración do Concello de Carballo, arrincará do noso concello ás 08.30 horas.

Dende o Fórum Carballo, os corredores emprenderán un percorrido de 151 quilómetros e 3.900 metros de desnivel positivo acumulado que transcorrerá polos montes e camiños rurais das localidades de Carballo, A Laracha, Arteixo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Santa Comba. Os ciclistas terán que facer fronte a un total de 9 portos de montaña e terán a posibilidade de recuperar forzas nos 5 puntos de avituallamiento establecidos ao longo do itinerario pola organización.

Anna Ramírez (VIC-ETB) e Francisco Ferreiro (Cannondale TB) lideran a clasificación xeral tras facerse co triunfo na primeira proba do certame celebrada en León o pasado 2 de abril. Esta proba contará cun amplo reguero de candidatos como son Brandan Márquez (V Bike), Javier Busto (Extol) e Álvaro Nieto. No cadro feminino podemos destacar a Estefanía Gutiérrez ( Cares Deva), Marta Ballesteros (Conway CDC Trujillo) e María Teresa Barreira (Extol).

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4