Inicio Carballo ao día Axenda Última campaña especial de...

Última campaña especial de doazón de sangue do verán

Do xoves 1 de setembro ata o sábado 3 de setembro do 2022 Praza do Concello Benestar

O semáforo do banco de sangue marca un nivel baixo, pero coa túa axuda podemos cambiar a situación. Dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue veñen de enviarnos un "grazas" pola contribución dos veciños e das veciñas do noso concello para acadar 3.000.000 de doazóns, pero agora temos unha nova oportunidade para seguir amosando a nosa solidariedade.

Do 1 ao 3 de setembro achégate á unidade móbil que estará instalada na Praza do Concello (o xoves pola mañá estará na rúa Gran Vía). Será unha campaña moi especial, na que atoparás unha alfombra vermella que ADOS pon aos teus pés para darlles a importancia que merecen a todas as persoas que mes tras mes acoden a doar sangue.

Non tes que pedir cita!

  • Xoves 1 e venres 2, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas
  • Sábado 3, de 10:00 a 15:00 horas

Compartir:


- 2022 +
- Setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
17
18
19
26
27
29
30