Inicio Carballo ao día Axenda Carballo acolle unha feira dedicada ao mel

Carballo acolle unha feira dedicada ao mel

Domingo 11 de setembro do 2022 09.00 a 14.00 horas - Praza do Concello Promoción Económica

A primeira feira do mes de setembro terá un atractivo engadido, porque xunto aos mellores produtos da horta bergantiñá, na Praza do Concello teremos un espazo específico dedicado ao mel. A Asociación Galega de Apicultura (AGA), a través da súa delegación na nosa comarca, organiza a Feira Bercamel coa intención de afondar en cuestións de interese para as persoas que se dedican á produción pero tamén de difundir as excelencias do mel entre toda a poboación. O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Feiras e Mercados, colabora coa iniciativa.

A feira do mel estará aberta de 09.00 a 14.00 horas, e en cada unha das tres carpas que integran Bercamel haberá distintos contidos: na primeira desenvolveranse charlas informativas de especial interese para os/as produtores/as, xa que participarán expertos en cuestións moi concretas relacionadas co seu traballo; na segunda haberá demostracións, e na terceira, degustacións. O programa complétase cun sorteo de dúas cestas con produtos da feira entre todas as persoas que realicen algunha compra.

PROGRAMA

Carpa 1

  • 10.00 horas. “Naturación apícola”, por Lolo Andrade, técnico de Protección Civil e experto na loita contra a avespa asiática.
  • 11.00 horas. “Trampas e velutinas”, a cargo de Isidro Rodríguez, da empresa Plaguiber e responsable do Servizo Municipal de Control de Pragas do Concello de Carballo.
  • 12.00 horas. “Varroa e enfermidades das abellas”, a cargo dun veterinario de AGA.
Carpa 2
  • De 09.00 a 14.00 horas. Exposición do interior dunha colmea acristalada poboada de abellas.
  • 10.00 horas. Demostración dunha laminadora de cera para as colmeas.
Carpa 3
  • 12.00 horas. Cata comentada de Meles Cinco Estrelas.
  • 13.00 horas. Degustación de pinchos a base de mel.
  • 13.00 horas. Sorteo

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D