Inicio Carballo ao día Axenda "Rusia vs. Ucraína", co...

"Rusia vs. Ucraína", co profesor, escritor e editor Carlos Taibo

Xoves 15 de setembro do 2022 20.00 horas - Casino 1889 Cultura

O Casino 1889 acolle unha palestra do recoñecido Carlos Taibo, baixo o título de "Rusia vs. Ucraína". A entrada será libre ata completar aforo.

Carlos Taibo (Madrid 1965) é escritor, editor e, durante 30 anos, profesor de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid. É un firme partidario do anarquismo, o movimento antiglobalización, o Decrecemento, a democracia directa e a autoxestión. Ten criticado duramente a lóxica do crecemento económico que o sistema actual asocia con progreso e benestar. Grande experto sobre a transición contemporánea na Europa central e do Este, leva publicados uns 20 libros sobre o tema. 

Rusia contra Ucrania. Imperios, pobos, enerxia é o título que publicou no 2014 a raíz do Euromaidan ucraíno. Agora, revisado, corrixido e ampliado, vén de ser reeditado. Con vocación claramente pedagóxica, pero tamén coa de contestar a boa parte do discurso dos medios de comunicación, analizará as chaves fundamentais destas tensións. As tramas acontecidas en Crimea e Ucraína oriental, a recente intervención militar rusa e a reflexión crítica sobre o papel que nas mesmas corresponde á UE, a EEUU e á propia Rusia, coa cuestión enerxética de fondo, serán o eixo fundamental da sua intervención no Casino 1889.

Compartir:


- 2023 +
- Xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
16
17
19
20
21
30
31