Inicio Carballo ao día Axenda Charla do Instituto Galego de Consumo sobre a...

Charla do Instituto Galego de Consumo sobre a factura da luz

Venres 14 de outubro do 2022 11.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

O Concello de Carballo colabora co Instituto Galego de Consumo para facer chegar á cidadanía a información necesaria sobre os dereitos que temos como clientes das compañías eléctricas e sobre a importancia de facelos valer.

día 14 falaremos sobre a factura eléctrica nunha charla que se celebrará no auditorio da Biblioteca Rego da Balsa. Nestes momentos, un dos principais gastos dentro da economía doméstica é o destinado ao pago da factura da luz. Por iso, o persoal do Instituto Galego de Consumo facilitará ás persoas asistentes os coñecementos básicos para comprender a factura eléctrica, para adoptar medidas de aforro e para, se é preciso, realizar unha reclamación. Será unha charla moi interesante, na que se explicará que é o mercado regulado e o mercado libre, cales son as comercializadoras de referencia, conceptos como potencia, ICP ou CUPS, tipos de tarifas e de contadores...

As charla, dirixida a maiores de 18 anos, é de máximo interese para a veciñanza, e por iso a Biblioteca Rego da Balsa abrirán as súas portas a todas as persoas interesadas.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4