Inicio Carballo ao día Axenda Xornada de portas abertas en APEM con motivo do...

Xornada de portas abertas en APEM con motivo do Día da Saúde Mental

Luns 10 de outubro do 2022 Horario de mañá e tarde Benestar

Cada 10 de outubro dende hai 20 anos celébrase o Día Mundial da Saúde Mental, unha efeméride impulsada pola Federación Mundial para a Saúde Mental e a Organización Mundial da Saúde coa finalidade de visibilizar o trastorno mental e xerar un conxunto de estratexias que sirvan de apoio ás persoas que o padecen. O lema deste ano é Facer da saúde mental e o benestar para todos unha prioridade mundial.

Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, a Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) organiza unha xornada de portas abertas nas súas instalacións da avenida da Cristina, para que toda a sociedade carballesa e bergantiñá poida coñecer de primeira man o labor que se leva a cabo no centro. 

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D