Inicio Carballo ao día Axenda A película "Jacinto" pecha o...

A película "Jacinto" pecha o Ciclo Mestre Mateo

Xoves 1 de decembro do 2022 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

A película Jacinto pecha o Ciclo Mestre Mateo. Javi Camino dirixiu esta película, producida por Vizuals Lab, que obtivo 11 nominacións aos Premios Mestre Mateo. No reparto, Pedro Brandariz, Ánxela Baltar, Corinna Rautenberg, Miro Magariños, Pilar Miguélez, Juanma Buiturón e o finado Pedro Brandariz, que obtivo por esta cinta o premio á mellor interpretación masculina.

Sinopse: Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandonada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porá o seu mundo patas arriba. Jacinto sospeita que as veciñas son vampiras que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, porá en práctica todo o aprendido vendo pelis de terror.

Vídeos

Compartir:


- 2022 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1