Inicio Carballo ao día Axenda "Cores e persoas", novo...

"Cores e persoas", novo espectáculo dos Ratos de Lonxedetodo

Mércores 14 de decembro do 2022 17.00 e 18.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua

Os Ratos de Lonxedetodo están de volta en Carballo! E esta semana preséntannos o espectáculo Cores e persoas.

Os famosos e queridos ratiños de TrinkeTrinke Teatro convidarán aos nenos e nenas a percorrer as nosas tradicións, a respectar a diversidade, a loitar contra o cambio climático, a afrontar e resolver os problemas, a interesarse pola ciencia, a descubrir o grande que é o mundo e a aprender dos maiores, e todo iso a través dunha serie de espectáculos teatrais e musicais dos que, sen dúbida, a cativada desfrutará coma sempre.

Os espectáculos van destinados a nenos e nenas de 4 ao 8 anos. Como xa vén sendo habitual, haberá dúas funcións cada mércores: unha ás 17.00 e outra ás 18.30 horas. Os convites poderán reservarse dende unha semana antes chamando ao 981758580.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D