Inicio Carballo ao día Axenda "Leo e as cores", un espectáculo...

"Leo e as cores", un espectáculo de Trémola Teatro para bebés

Mércores 23 de novembro do 2022 18.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Lingua

Leo é o león máis curioso de toda a selva. Un día, unha chuvia de pompas quítalles ao Elefante Ante e á Tartaruga Uga as súas cores. Será quen Leo, coa axuda dos nenos e nenas, de devolverlles as cores aos seus amiguiños?

A través de diferentes elementos sensoriais, Leo axudaranos a coñecer e desfrutar das cores neste espectáculo de Trémola Teatro para os máis pequenos e as máis pequenas da casa. Un espectáculo con Apego organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.

Espectáculo: "Leo e as cores"
Público: nenos e nenas de 6 meses a 3 anos (máximo unha persoa adulta acompañante por bebé)
Inscrición: de balde no teléfono 981 75 85 80 ata completar aforo

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4