Inicio Carballo ao día Axenda Proxección da película "Onde...

Proxección da película "Onde máis doe" e coloquio con Lorena Seoane

Mércores 23 de novembro do 2022 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Benestar

Entre as actividades do 25N figura este ano a proxección da película Onde máis doe, un documental sobre a violencia vicaria baseado nun suceso real ocorrido no ano 2017. Ao remate da exhibición, que terá lugar o 23 de novembro, ás 20.00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa, haberá un coloquio moderado por Lorena Seoane, psicóloga do Programa de atención psicolóxica a mulleres e menores que sofren violencia de xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Título orixinal: Onde máis doe
Ano: 2022
Duración: 65 minutos
Dirección: Manane Rodríguez
Guión: Manane Rodríguez
Música: Nani García
Fotografía: Lara Vilanova
Reparto: Saamira Ganay Montse Fajardo, Luz Darriba, Paz Filgueiras, Berta Rodríguez, Roberto Castro Gómez, Dolores Gómez da Silva, Jacobo Rey Sastre.

Sinopse

Despois de ameazar durante anos á súa ex parella, Marcos M. asasina a golpes de pa ao seu fillo de 11 anos. Un ano despois, un xurado popular condénao por asasinato, matar facendo uso pleno das súas facultades, e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar á nai. No feito que aborda a película concorren a violencia, o acoso, o asasinato dun neno para danar á nai e a ameaza de morte que aínda pende sobre a muller.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4