Inicio Carballo ao día Axenda "Novos lobos", con Fantoches Baj, no 25...

"Novos lobos", con Fantoches Baj, no 25 de novembro

Venres 25 de novembro do 2022 18.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Benestar

Novos lobos é un espectáculo de narración oral e monicreques no que se toca o tema do xénero desde a perspectiva das novas masculinidades. A compañía Fantoches Baj deconstrúe nel algúns contos da literatura popular para adaptalos a esta nova ollada, nunha tentativa de ofrecer ferramentas conceptuais ao alumnado que axuden a prever a violencia de xénero. O espazo no que sucede a acción é un pequeno refuxio da montaña no que un pastor está coidando das súas ovellas (o público).

Narración oral e monicreques.
Espectáculo recomendado para nenos e nenas a partir de 5 anos.
Duración: 50 minutos.
Organiza: Concellaría de Igualdade, Benestar e Sanidade

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D