Inicio Carballo ao día Axenda Xogos infantís na planta alta do mercado...

Xogos infantís na planta alta do mercado municipal

Do luns 2 de xaneiro ata o xoves 5 de xaneiro do 2023 11.00 a 14.00 e 16.30 a 20.30 horas Promoción Económica

Esta semana volve a haber actividade infantil no mercado municipal. Os días 2, 3 e 4 en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30, e o día 5, só pola mañá, xa que pola tarde celebraremos a tradicional cabalgata, a planta alta do mercado converterase nunha gran zona de xogos con ambientación de Nadal e todas estas propostas: un concurso para cambiarlle as rodas á camioneta de Nadal, inchables multixogos, xogos reciclados elaborados cos obxectos máis inverosímiles, concurso de ordeño da rena, talleres de globos e de figuras xeadas... Propostas para todas as idades e con entrada libre.

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D