Inicio Carballo ao día Axenda Volve o teatro con "Continente...

Volve o teatro con "Continente María" e Melania Cruz

Venres 27 de xaneiro do 2023 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

A Quinta do Quadrante e Ainé Producións presentan Continente María, un diálogo coa actriz María Casares, galega exiliada, personalidade teatral na Francia do século XX. Viaxamos cara ela, cando ven de celebrarse 100 anos do seu nacemento, nun percorrido polo seu legado, as súas ideas, a súa forma de vivir o escenario, ata a enerxía que a definía. A historia de vida de María Casares, teatro, poesía e música achéganos á memoria recente do noso país.

Coa interpretación de Melania Cruz, gañadora do Premio da Cultura Galega de Artes Escénicas 2022, descubriremos a retranca, o humor e a musicalidade de ambas actrices, referentes de compromiso co teatro

Intérpretes: Melania Cruz e Vadim Yukhnevich.
Escenografía: José Faro “Coti”.
Iluminación e audiovisuais: Laura Iturralde.
Texto: Marianella Morena.
Dirección: Tito Asorey.
Duración: 70 min.
Público: adulto
Prezo da entrada: 4 € / 3 € (venda anticipada en www.ataquilla.com)
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4